Galicia pasará a contar con máis dun centenar de 'casas do maior'

O Consello da Xunta acordou este xoves lanzar a primeira das 30 actuacións previstas na nova Estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2021 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

O Goberno galego acordou incrementar o crédito inicial destinado a ampliar a extensión da rede de 'casas do maior' neste ano 2021. Segundo informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión semanal do seu Executivo, poderase quintuplicar o seu alcance ao pasar dos 20 centros postos en marcha na actualidade a máis de 100.

Dar este paso implica aumentar os fondos ata os 6,2 millóns de euros, é dicir, cinco veces máis que na primeira edición do programa. A Xunta ratificou que se manteñen as novidades que amplían o perfil do usuario, que xa non deberá ter grao I ou II de dependencia, senón que poderá ser calquera maior autónomo. Os promotores poderán prestar servizos de desprazamento desde e cara a estes centros, para o que a Xunta ofrece axudas de 5 euros por persoa e día.

VIVENDA PROTEXIDA

Por outra banda, a Xunta informou de que convoca as axudas para a adquisición de vivendas protexidas con incentivos de ata 20.000 euros por inmoble. Esta liña de subvencións é unha das medidas recollidas no 'Pacto social pola vivenda' e a convocatoria para este ano, que publicará este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG), ten un orzamento de 450.000 euros.

Poderá subvencionarse a compra de vivendas de réxime xeral ou especial de nova construción ou procedentes da rehabilitación. Finalmente, o Executivo autonómico informou de que se contratarán 45 novas prazas públicas para persoas con discapacidade intelectual na Residencia de Baños de Molgas. O contrato, que terá unha duración inicial dun ano prorrogable ata un máximo de cinco, contará cun orzamento total de 8 millóns de euros.

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside o Consello.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside o Consello.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

POLO AEROESPACIAL

O Goberno galego acordou este xoves lanzar a primeira das 30 actuacións previstas na nova Estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025: a licitación para seleccionar as empresas tractoras que desenvolverán programas conxuntos de I+D durante o próximos cinco anos.

O Goberno galego destina 40 millóns a esta medida e espera poder mobilizar achegas adicionais grazas á colaboración público-privada, tanto a través da atracción de fondos europeos como da participación do sector privado.

O obxectivo da convocatoria é atraer entre 4 e 8 empresas tractoras, dar resposta aos "grandes retos tecnolóxicos aéreos non tripulados" --espérase impulsar ao redor de 80 proxectos de I+D-- e crear emprego desde o coñecemento no ecosistema de Rozas.

A Xunta remarca que se pretende "consolidar a pegada industrial" do polo, coa incorporación de máis pemes ás cadeas de valor das grandes empresas tractoras do sector aeroespacial. As empresas desenvolverán solucións que dean resposta á transformación ecolóxica e dixital e ao reto demográfico impulsando servizos públicos --sostén a Xunta-- "máis eficientes", ademais de "mellorar a competitividade do tecido produtivo e de crear emprego cualificado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta