As estancias en hoteis multiplícanse por catro neste verán

A estancia media en xuño situouse en 2,5 pernoctacións por viaxeiro, un 27,2% máis que en igual mes de 2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2021 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

As pernoctacións en establecementos hoteleiros galegos multiplicáronse por catro en xuño en Galicia, ata 519.739, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE). No conxunto estatal, baixaron un 23,6% nos seis primeiros meses do ano respecto ao mesmo período de 2020 polo impacto da pandemia do coronavirus sobre o sector turístico.

Só no mes de xuño as pernoctacións nos hoteis españois superaron os 14,1 millóns, o que supón multiplicar por máis de sete (+654,6%) as realizadas no mesmo mes de 2020, cando só se produciron 1,8 millóns de pernoctacións. Se se compara o dato de xuño deste ano co mesmo mes de 2019, sen pandemia, as pernoctacións en establecementos hoteleiros mostran un descenso do 62%.

Dos 14,1 millóns de pernoctacións que se produciron en xuño deste ano, as protagonizadas por residentes en España sumaron máis de 8,8 millóns, o 63% do total, mentres que as de estranxeiros superaron os 5,2 millóns. Nos seis primeiros meses de 2021 as pernoctacións hoteleiras reducíronse un 23,6% respecto ao mesmo período do ano anterior. As de residentes aumentaron un 26,7%, mentres que as de estranxeiros diminuíron un 56,9%.

A estancia media en xuño situouse en 2,5 pernoctacións por viaxeiro, un 27,2% máis que en igual mes de 2020. Así, o INE sinala que o Índice de Prezos Hoteleiros (IPH) se situou no 8,5% en xuño, o que supón 19,8 puntos por encima da taxa rexistrada no mesmo mes de 2020. Durante xuño estiveron abertos en España 12.815 establecementos hoteleiros, fronte aos 5.996 do mesmo mes de 2020, o que representa un 67,1% do total do directorio de establecementos neste mes.

Andalucía, Baleares e Cataluña foron os destinos principais do total de viaxeiros en España en xuño, co 20,6%, 17,2% e 15,3% do total de pernoctacións, respectivamente. Os destinos principais dos viaxeiros residentes en España foron Andalucía, Cataluña e Comunitat Valenciana. Pola súa banda, o principal destino elixido polos non residentes foi Baleares, cun 37,6% do total de pernoctacións. Os seguintes destinos do non residentes foron Canarias e Cataluña.

Hotel de NH Hotels.. NH HOTEL GROUP
Hotel de NH Hotels.. NH HOTEL GROUP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta