Vehículos todo terreo, remolques e tendas de campaña para "mellorar" os recursos de Protección Civil

A Xunta abre este sábado, 24 de xullo, a convocatoria para poder solicitar os equipamentos de emerxencias. O orzamento está destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2021 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

A Xunta abre desde este sábado e durante un mes, ata o martes 24 de agosto, a convocatoria para que municipios, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos poidan solicitar equipamentos de emerxencias para as agrupacións de Protección Civil. A orde da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, que vén recollida este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG), recolle un orzamento global de 1.022.600 euros e está destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes.

En concreto, cédense 19 vehículos todo terreo tipo 'pick-up', seis remolques para a atención de emerxencias, 26 tendas de campaña, oito coitelas para a retirada de neve e oito esparcidores de sal.

Segundo explica a Xunta, esta convocatoria ten o obxectivo de "incrementar e mellorar" os recursos de emerxencias dos concellos que contan con servizos de Protección Civil e emerxencias, "sobre todo os que teñen menos habitantes e menos recursos", xa que, nestes, as agrupacións desempeñan "un importante papel, como quedou de manifesto durante esta pandemia".

Arquivo - Coche dunha agrupación de Protección Civil en Galicia.. XUNTA - Arquivo
Arquivo - Coche dunha agrupación de Protección Civil en Galicia.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta