Os encoros galegos perden 80 hectómetros cúbicos na última semana e están ao 59,2% da súa capacidade

A reserva atópase en 2.200 hectómetros cúbicos de auga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2021 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A reserva dos encoros galegos atópase en 2.200 hectómetros cúbicos de auga, 80 menos que hai unha semana, polo que se atopan ao 59,2% da súa capacidade total, de acordo con datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

En concreto, os encoros da reserva Miño-Sil baixaron na última semana ata os 1.696 hectómetros cúbicos embalsados, 61 menos que os 1.757 de fai sete días. Supón que están ao 56% de capacidade.

Así mesmo, no tocante á conca Galicia Costa, produciuse un descenso de 19 hectómetros cúbicos de auga, ata os 504, que implica que están ao 73,7%.

Reserva hídrica. MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA
Reserva hídrica. MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta