O BNG cre que o test de autodiagnóstico buscan "encubrir a falta de rastrexadores"

Olalla Rodil sinala que a sanidade pública galega conta "con menos medios do habitual polo período estival".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2021 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

A viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, acusou á Xunta de "encubrir a falta de rastrexadores" co test de antíxenos que se poden adquirir nas farmacias para o autodiagnóstico do coronavirus e alertou de que a sanidade pública galega conta "con menos medios do habitual polo período estival".

Tras a presentación do novo mapa de restricións decidido polo comité clínico de Galicia para tentar frear a propagación do coronavirus, a deputada nacionalista solicitou á Xunta que reforce os medios da atención primaria e que "deixe de buscar culpables" da quinta onda de coronavirus, porque "a pandemia non é un asunto persoal", senón "un problema de saúde pública".

"O Goberno de Feijóo segue repetindo erros coma se non pasasen 15 meses de pandemia e o principal deses erros é non reforzar a sanidade pública, en particular a atención primaria, que está baixo mínimos, cun persoal exhausto e aínda máis minguado do habitual debido ás vacacións estivais", critica Olalla Rodil.

Arquivo - O test de antígenos de autodiagnóstico covid-19 distribuído pola empresa española Cinfa.. CINFA - Arquivo
Arquivo - O test de antígenos de autodiagnóstico covid-19 distribuído pola empresa española Cinfa.. CINFA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 nostrus

El beenejé (porque en español se dice beenejé y no beenegá) es muy dado a las creencias, de hecho hasta "creen que Galicia es una nación" y siempre han creido que ganarían las elecciones igual como creen que ganarán las próximas. Por lo tanto a las creencias, ocurrencias y supersticiones del beenejé no le debemos hacer caso porque tienen muy poca fiabilidad. Eso le pasa por no ser serios.