A pandemia segue arrasando vidas: dous mortos elevan a 2.455 as vítimas con covid-19 en Galicia

Eran dous homes, un falecido en Vigo e outro en Burela.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/07/2021 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou da morte nas últimas horas de dous homes contaxiados por covid-19, aínda que con patoloxías previas ambos os dous, co que as vítimas mortais en Galicia elévanse a 2.455.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

Segundo a información remitida por Sanidade, unha das mortes produciuse o martes no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). Trátase dun home de 63 anos de idade.

Pola súa banda, este mércores faleceu no Hospital da Mariña de Burela (Lugo) outro home de 84 anos de idade, tamén contaxiado con coronavirus.

Nas últimas horas en Galicia a presión hospitalaria reduciuse lixeiramente a 264 pacientes hospitalizados pola Covid-19, mentres que os novos contaxios baixan a 1.257, pero os casos activos aumentan a 18.535.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta