As matronas galegas piden ás embarazadas que se vacinen contra a covid-19

A Asociación Galega recomenda a vacinación a mulleres xestantes e lactantes.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/08/2021 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Matronas recomenda a vacinación contra a Covid-19 a mulleres xestantes e lactantes porque "é segura" e "compatible coa lactación materna". Así o asegura esta asociación, ante as "dúbidas" das últimas semanas entre embarazadas e nais lactantes sobre a administración da vacina contra a Covid-19.

Unha pantalla da campaña 'Yo me vacuno'
Unha pantalla da campaña 'Yo me vacuno' | Fonte: R.Rubio.POOL - Europa Press.

Para esta entidade, resulta "importante" neste momento "recomendar a vacinación das mulleres xestantes e nais lactantes". "É segura á luz da información dispoñible actualmente e en base á experiencia acumulada ata o momento", engade.

Respecto diso, explica que a infección polo SARS-CoV-2 durante a xestación "asóciase a un maior risco de enfermidade de curso grave e complicacións na muller e a resultados perinatais desfavorables, como é o caso dos partos prematuros".

Por iso, defende que a vacinación fronte á Covid "é eficaz para a prevención da infección polo SARS-CoV-2 e as formas graves desta, tamén en mulleres durante a xestación e a lactación".

Sobre o que se sabe na actualidade da vacina fronte á Covid-19, a Asociación Galega de Matronas destaca que "as mulleres que pensen nunha xestación poden recibir calquera das recomendadas para a súa idade" e, matiza, "non é preciso espera un tempo entre a vacinación e a concepción".

Sobre as embarazadas, a asociación indica que "poden ser vacinadas contra a covid-19 en calquera momento do embarazo", pero matiza que "no caso de coincidir coa vacina da tose ferina ou a gripe, cómpre priorizar a da Covid-19 e esperar sete días ata a administración da outra".

Durante a lactación materna, indica esta asociación, as mulleres que dan o peito aos seus bebés "poden recibir as vacinas da Covid sen necesidade de suspender a lactación nin demorar a vacinación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta