Catro positivos máis elevan a sete os infectados con covid-19 na residencia de maiores de Ribadeo

Todos os positivos son asintomáticos, agás un hospitalizado.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 07/08/2021 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Un novo cribado realizado no Centro de Atención a Maiores en Ribadeo --previsto para o vindeiro luns e adiantado a este venres-- descobre 4 novos positivos, que se suman aos 3 existentes.

Residencia Municipal de Maiores de Ribadeo
Residencia Municipal de Maiores de Ribadeo | Fonte: Google Maps.

Segundo informou a Deputación de Lugo, todos os positivos son asintomáticos e atópanse illados na súa habitación, agás un deles, que se atopa estable no hospital e ingresado pola evolución de patoloxías previas.

Así mesmo, desde a dirección do centro, aseguraron que a situación está "estable" e avogan por seguir o cumprimento dos "rigorosos" protocolos establecidos para facer fronte á situación.

Por outra banda, o cribado realizado este venres forma parte da política da Deputación lucense de realizar cribados diarios para "protexer a saúde de traballadores e traballadoras da institución" así como tamén dos usuarios dos servizos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta