Xunta e BNG, xuntos na homenaxe a Castelao

O secretario xeral de Política Lingüística, o voceiro do BNG ou a deputada nacionalista Ana Pontón coincidiron nun acto da Fundación Castelao.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/01/2014 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este martes no acto cultural e ofrenda floral organizado pola Fundación Castelao con motivo do 64 Aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Valentín García e Carlos Mella, na homenaxe a Castelao
Valentín García e Carlos Mella, na homenaxe a Castelao | Fonte: Xunta

No mesmo acto tamén participou o BNG a través do seu voceiro nacional, Xavier Vence; a deputada Ana Pontón ou o secretario xeral da UPG, Néstor Rego.

A homenaxe celebrada no Panteón de Galegos Ilustres, onde repousan os restos do ilustre intelectual, artista e político rianxeiro, consistiu nunha ofrenda floral. Foron Valentín García, en nome da Xunta de Galicia, e presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella Villar, en nome da institución que dirixe, os encargados de depositar un ramo de flores.

As intervencións musicais correron a cargo do "gaiteiro nubeiro", Raúl Galego, así como coa participación dos músicos Mini e Mero. Rematou coa interpretación do Himno Galego por parte dos asistentes na igrexa de Bonaval. 

A última intervención foi a do presidente da fundación que avogou por "mirar a realidade de Galicia" como o facía Castelao, "desde o amor á súa lingua e á súa terra", insistiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

12 Manolo2

Dime con quien andas y te diré quien eres. Tal colección de sinvergüenzas sólo se pueden reunir en torno a otro gran sinvergüenza: Castelado, el pintamonas de Rianjo. Eso sí, en común tienen que todos chupan mucho y bien del erario público, o sea, de lo que nos confiscan a los currantes.

11 anovar a nova xubilar o vello

Efectivamente Merendiño de Teo atopabase agochado, debaixo da tampa sepulcral finxindo ser o escarabello necrofago obscurus tenebris, esta intentado escapar como sexa dos axentes liquidadores palleiro & rico, despois da “agarimosa e cordial” visita que lle fixo o vello @vieiras, en Teo onde reventoulle a puñadas o despacho e o retrato do rei Juanete 1º, namentras o pasaba de número 2 a número 0, mais rapidamente que cando o meigo David Cooperfield fai desaparecer 8 leons engaiolados en 4 segundos, o Merendiño esta cursando a petición de refuxiado a embaixada francesa, pero tal e como van as cousas pode que sexa apresado antes polos liquidadores do vello, para evitalo e por medio da xente que apiadouse desta situación de necesidade foi enviado un sobre a embaixada francesa con revista de terror dos anos 30 xa saben Lon Chaney, o Boris Karloff, Bela Lugosi, falando da nova directiva da nova -VIDEO do suceso.---- https://www.youtube.com/watch?v=zIP...

1 eusi

Vomitivo, coma sempre Troll UPejajajallo

10 eusi

Canto amor se profesan BNjajaja e PPaifocosGayegos: veremos entón mais leis aprovadas conxuntamente como a das Caixas? Ou coma a do medicamentazo-Farjas? E TODOS SABEMOS OS RESULTADOS. Mamaiña que medo!

9 Dorna

Ou sexa vos xa dades por feito que Martiño e Antón Sanchez non son de Anova.Este si que é xornalismo de investigación!!!!

8 Mestre de ética xornalística

Outro curso de ética xornalística de Galicia Confidencial. Por certo, AGE tamén celebra o cabodano coa Xunta. Estaban Martiño Noriega e Antón Sánchez. De Anova non había ninguén.