Xunta e BNG, xuntos na homenaxe a Castelao

O secretario xeral de Política Lingüística, o voceiro do BNG ou a deputada nacionalista Ana Pontón coincidiron nun acto da Fundación Castelao.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/01/2014 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este martes no acto cultural e ofrenda floral organizado pola Fundación Castelao con motivo do 64 Aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Valentín García e Carlos Mella, na homenaxe a Castelao
Valentín García e Carlos Mella, na homenaxe a Castelao | Fonte: Xunta

No mesmo acto tamén participou o BNG a través do seu voceiro nacional, Xavier Vence; a deputada Ana Pontón ou o secretario xeral da UPG, Néstor Rego.

A homenaxe celebrada no Panteón de Galegos Ilustres, onde repousan os restos do ilustre intelectual, artista e político rianxeiro, consistiu nunha ofrenda floral. Foron Valentín García, en nome da Xunta de Galicia, e presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella Villar, en nome da institución que dirixe, os encargados de depositar un ramo de flores.

As intervencións musicais correron a cargo do "gaiteiro nubeiro", Raúl Galego, así como coa participación dos músicos Mini e Mero. Rematou coa interpretación do Himno Galego por parte dos asistentes na igrexa de Bonaval. 

A última intervención foi a do presidente da fundación que avogou por "mirar a realidade de Galicia" como o facía Castelao, "desde o amor á súa lingua e á súa terra", insistiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

7 Xunta e AGE?

"Al margen de numerosos representantes de la cultura, al acto han asistido también dirigentes políticos como el exdiputado popular Jesús Palmou; el portavoz nacional del BNG, Xavier Vence; la diputada del BNG Ana Pontón; el parlamentario de AGE Juan Manuel Fajardo; y el alcalde de Teo, Martiño Noriega". http://www.elcorreogallego.es/tende...

6 galego total

Pero que dis, o @vieiras esta impedido de entrar no templo nacionalista de bonaval pola “xefa” ferrolita, esto é unha repetición moderna da historia biblica de Sanson e Dalila, representados hoxe en día pola triste figura do @Vieiras, persoa arruinada polo xornalismo e a egolatria parlamentaria (a cadeira dourada do parlamentiño) e a perigosisima mata-hari expañola dona ferrolita, victima da moda cara luibouton e as procesión relixiosas. E si non fixadevos ben, non vedes nesta temporada o vello, @vieiras coas barbas e o pelouro mais recortado, mais repeiteado, e quen creedes que esta faendo eses arranxos, quen creedes que fixo caer o “sanson” no AGE, no matrimonio comenenciudo, onde a nosa “mata-hari expañolenta” pretende levar a herdanza colleitada agarimosamente polos seitarios da NOVA en traballos incesantes da finca feudataria de Brión. Conten o video da paiasada: FRIJOLES & @VIEIRAS ----- https://www.youtube.com/watch?v=mgh...

5 Xana

Lóxico que vaian xuntos. Se o BNG-UPG cada vez se asemella máis ao PP-Falange. Só falta que vaian con Feijóo de ganchete

4 JuaJua

Como xa se ve que isto é xornalismo serio e de altura aconsello a lectura dos medios homólogos: http://blogs.grupojoly.com/con-la-v...

3 @vieiras non pode pasar!

Mais vale un dereitista expañol arrepentido os viron entrar serenamente, pero mellor seria que fosen de xeonllos, que un traidor xurado como @vieiras triste renegador de todalas traxedias nacionais do noso país. O @vieiras non pode asistir o homenaxe posto que este e terreo sagrado -TERRUN SACRANTORIUN- e polo tanto unha persoa que renunciou a nacionalidade que caeu en expañolismo en AGIsmo, existe orden do sindicato democratico de sacristans de facer tocar as campas si o @vieiras achegase a menos de 50 metros da eirexa de Bonaval, @vieiras ti non podras estar ahi nunca nin vivo nin morto, traicionaches o país enteiro, vendiches polas moedas de ouro de IU dos madriles, que vergonza que traición @vieiras ti es o vicente risco dos nosos días o denunciador dos galegos o hispano-galego deste seculo XXI que vergonza! Video do entroido da xunta no templo----- https://www.youtube.com/watch?v=n3U...

1 José

lembrasme o coello de duracel.., quen che da a ti corda?