Xunta e BNG, xuntos na homenaxe a Castelao

O secretario xeral de Política Lingüística, o voceiro do BNG ou a deputada nacionalista Ana Pontón coincidiron nun acto da Fundación Castelao.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/01/2014 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este martes no acto cultural e ofrenda floral organizado pola Fundación Castelao con motivo do 64 Aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Valentín García e Carlos Mella, na homenaxe a Castelao
Valentín García e Carlos Mella, na homenaxe a Castelao | Fonte: Xunta

No mesmo acto tamén participou o BNG a través do seu voceiro nacional, Xavier Vence; a deputada Ana Pontón ou o secretario xeral da UPG, Néstor Rego.

A homenaxe celebrada no Panteón de Galegos Ilustres, onde repousan os restos do ilustre intelectual, artista e político rianxeiro, consistiu nunha ofrenda floral. Foron Valentín García, en nome da Xunta de Galicia, e presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella Villar, en nome da institución que dirixe, os encargados de depositar un ramo de flores.

As intervencións musicais correron a cargo do "gaiteiro nubeiro", Raúl Galego, así como coa participación dos músicos Mini e Mero. Rematou coa interpretación do Himno Galego por parte dos asistentes na igrexa de Bonaval. 

A última intervención foi a do presidente da fundación que avogou por "mirar a realidade de Galicia" como o facía Castelao, "desde o amor á súa lingua e á súa terra", insistiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

2 Manolon

AGE non homenaxea a Castelao? Onde andaba Beiras e Martiño? Son menos nacionalistas que Yolanda Díaz . E os independentistas da FPG?

1 ajilloooossss

Que fan os do PP nunha homenaze a Castelao? Mellor estaban no cemiterio de hispanos ilustres cos da AGE, homenaxeando a escritores en español ou a bultos históricos do socialismo hispano.