Reunión este mércores entre o alcalde de Corcubión e a Garda Civil tras o 'macrobotellón'

"Porque se isto persiste, ningún alcalde quere que o seu pobo se converta nun sitio para botellóns", reitera o primeiro edil.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2021 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

O alcalde de Corcubión, Manuel Ínsua, reúnese este mércores co comandante de posto da Garda Civil para intercambiar impresións e información despois do 'macrobotellón' vivido na noite do sábado na localidade.

En función dese encontro, segundo apunta o rexedor en declaracións a Europa Press, determinarán se convocan unha xunta de seguridade. "Esperamos que isto sexa un aviso e que todo vaia a mellor", apunta.

"Porque se isto persiste, ningún alcalde quere que o seu pobo se converta nun sitio para botellóns", reitera o primeiro edil, quen, con todo, matiza as súas palabras ao afirmar que entende á mocidade, "pero hai outras fórmulas".

"Preocupado porque empezan cunha idade moi temperá" a beber, Manuel Ínsua sinala á responsabilidade de quen teñen fillos, como é o caso, e avoga por "tentar dialogar coa mocidade".

Sinala que "nese momento" no que se produciu o intento de desaloxo da praia "estaban descontrolados" os mozos que se atopaban facendo o botellón, de toda a comarca, pero agrega que non pensa "que a mocidade estea fose de si, porque estaría a faltar ao respecto a unha xeración que é o futuro do país".

Botellón disolto pola Garda Civil  GARDA CIVIL
Botellón disolto pola Garda Civil GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta