Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/04/2007 | Actualizada ás 00:50
Nace Trebellos, unha arriscadaproposta que é o primeiro blogue
comercial en galego, todo un fito na historia do blogomillo galego.
Trebellos nace como o primeiro blogue comercial galego, é dicir, un blogue onde os editores se reparten os beneficios que o propio blogue xera, e que pretende ser o comezo dunha rede comercial de blogues en galego, como son Weblogs SL ou Hipertextual en castelán ou Weblogs Inc en inglés.
Trebellos é unha aposta persoal de Andrés Milleiro, un blogueiro galego que fai uns meses publicou unha entrada no seu blogue pedindo a senté para escribir sobre trebellos ou aparatiños tecnolóxicos, tamén chamados gadgets.
Trebellos polo tanto é a tentativa de cinco blogueiros galegos por facerse un oco na rede e nos blogues comerciais, e que marca un fito na pequena historia que está a escribir o blogomillo galego.
Trebellos atópase dispoñíbel en: http://www.trebellos.org
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.