Dous casos menos de Covid en residencias, tras un positivo e un falecemento

Actualmente hai 159 contaxiados.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 30/08/2021 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Os contaxios en residencias de maiores e de discapacidade baixaron este luns a 159 tras o negativo dun usuario do centro de discapacidade Clínica de San Rafael (Vigo) e o falecemento dunha usuaria de 90 anos procedente da residencia Soremay, en Pontevedra.

Foco de Covid19 na Residencia de maiores das Gandaras / CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS
Foco de Covid19 na Residencia de maiores das Gandaras / CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS

Segundo informan a Consellería de Política Social e o servizo galego de saúde (Sergas), son actualmente 109 os infectados nas residencias de maiores e 50 en centros de discapacidade. O maior foco localízase na residencia de maiores As Gándaras (Lugo), con 72 casos, e tamén hai outro de 48 positivos entre os usuarios do CAPD Redondela.

Neste novo balance, hai 20 contaxios na García Irmáns de Betanzos (A Coruña), 11 na residencia de maiores San Vitorio, Baralla (Lugo); catro na Santa Marta, de Vigo; un en Santo Estebo de Perlío, en Fene; e outro na residencia de maiores de Ribadeo (Lugo).

Nos centros de discapacidade, seguen sendo 48 no CAPD de Redondela (Pontevedra) e hai dous no Fogar e Clínica de San Rafael. (Vigo).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta