Locais sociais de Narón acometen melloras coa axuda da Deputación da Coruña

A actuación, que se atopa actualmente en proceso de licitación na Plataforma de Contratación do Estado, conta cun orzamento de 100.488,16 euros dos que a Deputación achega 88.317,99 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2021 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña financiará, a través do Plan Único, da ampliación do local social de San Mateo, no Concello de Narón, un proxecto que responde as demandas da agrupación veciñal que fai uso deste espazo.

A actuación, que se atopa actualmente en proceso de licitación na Plataforma de Contratación do Estado, conta cun orzamento de 100.488,16 euros dos que a Deputación achega 88.317,99 euros e a cantidade restante, 12.170,27 euros, será asumida polas arcas municipais.

Segundo anuncia, o obxectivo é dotar ao local social de San Mateo de maior superficie, mellorando a calidade e a oferta das actividades. O prazo para a presentación de ofertas no perfil do contratante municipal acabará o vindeiro venres 17 de setembro.

Local social de Narón. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Local social de Narón. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta