Miñones destaca o compromiso do Goberno cos concellos mediante o investimento de 32 millóns na Limia

O delegado do Goberno avanzou que cando finalicen os proxectos que están en execución en 2022, a cobertura a 100 Mbps alcanzará ao 78% da poboación da provincia de Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2021 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou o compromiso do Executivo estatal co municipalismo e co reto demográfico a través de investimentos que alcanzan os 32 millóns de euros no Concello de Xinzo e na comarca da Limia.

Así se pronunciou este mércores durante unha visita a este municipio ourensán, no que se reuniu coa alcaldesa, Elvira Lama. No encontro tamén participou o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González.

No acto, do que informou a Delegación do Goberno nun comunicado, Miñones destacou o Programa de Extensión de Banda Ancha de Nova Xeración (PEBA-NGA) que desenvolve o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, do que se beneficiarán quince entidades de poboación no rural de Xinzo.

Así mesmo, avanzou que cando finalicen os proxectos que están en execución en 2022, a cobertura a 100 Mbps alcanzará ao 78% da poboación da provincia de Ourense.

Ademais, apuntou que o Goberno lanzou unha nova convocatoria que destinará 2,3 millóns á provincia de Ourense e que permitirá que en 2025 o 100% da poboación conte con conectividade con banda ancha con velocidade superior ao 100 Mbps.

No encontro, tamén sinalou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, aprobou o sete proxectos propostos polo executivo local que permitirán a subministración de 4.610 luminarias tradicionais por luces LEC. A través desta liña para a eficiencia enerxética e a renovación da iluminación, o Goberno achegará case 1,5 millóns de euros ao Concello de Xinzo.

Así mesmo, José Miñones destacou o compromiso do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para destinar case 28 millóns de euros para sufragar a limpeza das canles da Limia e a mellora da eficiencia e da sustentabilidade dos regadíos da comarca. Segundo apuntou, trátase dun paso fundamental para aumentar a competitividade do sector agrícola e para contribuír á sustentabilidade ambiental, económica e social.

Por último, repasou os proxectos da ConfederaciónHidrográfica do Miño-Sil no municipio, que suman investimentos por 1,24 millóns de euros. Estes proxectos permitirán asegurar a protección das estruturas relacionadas coa auga na contorna do mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras e recuperar a conectividade ecolóxica do río Faramontaos coa retirada da presa de Gudín.

Por último, puxo en valor o investimento de máis de 480.000 euros por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil na comarca da Limia para a limpeza e conservación en máis de 60 quilómetros de canles durante o período 2019-2020.

O delegado do Goberno, José Miñones, visita o Concello de Xinzo de Limia. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno, José Miñones, visita o Concello de Xinzo de Limia. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta