Pontevedra estrea os seus novos campos de petanca cun campionato

Nove equipos loitarán pola primeira posición nunhas probas previstas para o vindeiro sábado.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Unha semana despois de que foran inaugurados, Pontevedra estrea os novos campos de petanca do barrio do Burgo. A superficie, acondiciona polas concellerías de Desenvolvemento Sostible e Deportes no novo parque da zona acollerán un campionato deste deporte que suma cada vez máis afeccionados na cidade do Lérez.

As novas pistas de Petanca de Pontevedra, situadas no barrio do Burgo
As novas pistas de Petanca de Pontevedra, situadas no barrio do Burgo | Fonte: Concello de Pontevedra

Un total de nove equipos competirán este sábado 4 de setembro nos terreos situados entre a rúa Fernández e a avenida de Compostela para ver quen se fai coa vitoria na terceira edición da Copa Concello de Pontevedra de Petanca. De acordo co tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, "o torneo desenvolverase ao longo de toda a xornada, disputándose a partir das 10:00 horas os encontros polos postos do 5º ao 9º e, xa pola tarde, a partir das 16:30 horas, as finais polos postos do 1º ao 4º".

Para o edil, "supón unha enorme satisfación que, apenas uns días despois da súa apertura oficial ao público, este parque, no que o Concello investiu 43.000 euros, se convirta naquilo para o que foi deseñado: espazo de encontro, práctica deportiva e vida social para a veciñanza pontevedresa. A paixón pola petanca segue a crecer no noso municipio”, asevera.

Os equipos que tomarán parte nesta III Copa Concello de Pontevedra son O Pote (Mourente), O Mirador (Monte Porreiro), O Carballo (Mourente), San Andrés de Xeve, Centro Social (Pontevedra), Salcedo Norte, San Martiño (Salcedo), Verducido e Petanca Marín. O acto de entrega de trofeos do torneo, que terá lugar o sábado ás 19:30, cando remate a fase final. Nel outorgaranse galardóns para os catro primeiros clasificados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta