A Xunta valora utilizar 24.000 hectáreas abandonadas para rendemento "agroforestal"

O Executivo tamén autorizou este xoves a firma dun convenio coa Fundación Arume para o impulso da xestión forestal activa a través dun investimento de 202.500 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2021 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural identificou máis de 24.000 hectáraes de terreo abandonado en 707 masas de concentración parcelaria que poderían dedicarse ao desenvolvemento de polígonos agroforestais de iniciativa pública. Así figura nun informe elaborado ao amparo das medidas establecidas na Lei de recuperación de terra agraria de Galicia e que foi analizado no Consello da Xunta deste xoves.

Estas 24.000 hectáreas de terreo abandonado teñen, segundo a Xunta, "boa aptitude produtiva" e poderían acoller explotacións agroforestais. Foron identificadas a través dun proceso de análise das masas de concentración parcelaria abandonadas.

Un total de 61 das 707 masas seleccionadas presentan "unha capacidade produtiva máxima" para a agricultura intensiva, como a plantación de millo e produtos de horta vinculados a selos de calidade diferenciada. A maioría atópanse nas provincias da Coruña e Ourense.

Pola súa banda, Medio Rural destaca que o resto de masas "son aptas para outros usos" de cultivo agrícola, como pastos e pasteiros, ou a plantación de cereais e froiteiros. Tamén son susceptibles de ser aproveitadas para usos forestais, como a plantación de piñeiros ou frondosas autóctonas.

A Xunta lembra que o pasado mes de marzo puxo en marcha unha convocatoria para a identificación de terra demandada que solicitou un total de 21.322 hectáreas localizadas como terreos abandonados. Ademais, o cinco denominacións de orixe de viños galegos pediron 10.000 hectáreas para ampliar as súas zonas de produción.

Por outra banda, o Executivo tamén autorizou este xoves a firma dun convenio coa Fundación Arume para o impulso da xestión forestal activa a través dun investimento de 202.500 euros.

Eucalipto Nitens
Eucalipto Nitens | Fonte: ebay

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta