O PSdeG tamén ve posible "prevaricación" se a Xunta sabe de danos polo baleirado de encoros e non actúa

Os socialistas apoian a creación dunha comisión de investigación na Cámara galega tal e como propón o BNG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, asegurou que a Xunta ten "competencia e obrigación" de actuar no caso de que se produzan deterioracións ambientais polo baleirado de encoros polo que avisou de que se a Administración autonómica "ten coñecemento de que se está causando un dano ao medio ambiente e non actúa, está prevaricando".

Así o manifestou este xoves nunha rolda de prensa ofrecida na Cámara galega, na que cargou contra o "cinismo" do Goberno galego en relación ao baleirado de concas por parte das hidroeléctricas e trasladou o apoio do seu grupo á posta en marcha dunha comisión de investigación sobre o ocorrido na Cámara galega, como expuxo o BNG.

Nunha comparecencia ante os medios na que presentou as iniciativas parlamentarias que a súa formación defenderá sobre este asunto, Pablo Arangüena considerou que "o que está a facer a Xunta coas sancións é un teatro chinés de sombras" para "tapar a súa irresponsabilidade e incompetencia".

"Primeiro din que é gravísimo e que a culpa é do Goberno central. Despois van dándose de conta de que si foron informados e que teñen todas as competencias, vano descubrindo sobre a marcha pero botándolle a culpa ao Goberno e sen adoptar as medidas que a lei di que teñen que adoptar", sostivo.

Tras lembrar declaracións nas que o Goberno galego tachou de "irresponsable" que a capacidade dos encoros baixase do 20% e pedise explicacións sobre a autorización destes baleirados, Arangüena subliñou que "a lei di que a responsabilidade e a competencia para sancionar e adoptar medidas é da Xunta e que teñen que facelo sen esperar a que o pida ninguén".

SANCIÓNS

Na rolda de prensa, ademais, o tamén viceportavoz parlamentario do PSdeG denunciou que, coa nova Lei galega de Pesca Continental, o Goberno galego "relaxou o control" ás hidroeléctricas. "As agresións aos ríos e aos encoros saen cada vez máis baratas", denunciou.

En concreto, dixo que esta norma reduciu de 300.000 euros a 150.000 euros as sancións por infraccións moi graves. Ademais, sinalou que o baleirado de concas deixa de estar considerado como unha infracción "moi grave" para ser só "grave" polo que a multa só pode alcanzar os 25.000 euros. "Implica que a sanción é un 91% inferior á anterior", criticou.

O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, na rolda de prensa
O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, na rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta