Temas: ENSINO

Aulas galegas, colectivo que difunde os contidos en galego, edita a axenda escolar 2021-2022

O colectivo, que comezou a traballar entrada a pandemia, vén de celebrar a súa primeira xuntanza.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/09/2021 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Aulas Galegas, o colectivo de profesorado que por mor da pandemia creou o portal educativo do mesmo nome e leva creando e difundindo contidos en galego para as aulas dende marzo de 2020, reuniuse o pasado sábado no auditorio da Casa de Rosalía para celebrar a súa primeira xuntanza.

Unha profesora xunto con alumnos de Educación primaria nunha  das aulas do colexio Lles Arts, de recente construción, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022 na Comunidade Valenciana, a 8 de setembro de 2021, en Valencia, Comunidade Vale. Jorge Gil - Europa Press
Unha profesora xunto con alumnos de Educación primaria nunha das aulas do colexio Lles Arts, de recente construción, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022 na Comunidade Valenciana, a 8 de setembro de 2021, en Valencia, Comunidade Vale. Jorge Gil - Europa Press

A organización cualificou esta primeira xuntanza de "moi proveitosa" dende o momento en que serviu para que por primeira vez se reunisen dende a súa creación, compartisen experiencias educativas e colectivamente marcasen as liñas de traballo para o futuro.

Entre os asistentes atopábanse persoas que levan traballando dende 2020 en Aulas Galegas e tamén profesionais que se achegaban por primeira vez para coñecer máis de preto as súas propostas e formas de traballo. Para atender tamén á socialización e interacción entre as persoas asistentes realizáronse varias dinámicas lúdicas e a xuntanza rematou cun xantar de confraternización.

Entre os relatores participantes figuran: Francisco Bermúdez Prieto (Fran da Lobeira),

Aida Calvela Louro, Jose Antonio Fraga Moreiro, Naír García Abelleira, María Isabel González Piñeiro, Manolo Maseda Deán, Ana Isabel Pérez Tomé e Xacobo de Toro Cacharrón que falaron de cuestións tan dispares como a xestión cooperativa na sección de educación Infantil de Aulas Galegas, Ciencia na casa, a dinamización educativa en Instagram e Twitch ou a regueifa que encheu de música o auditorio.

AXENDA ESCOLAR

No seo desta I Xuntanza Aulas Galegas presentouse a Axenda escolar Aulas Galegas 2021-2022, un "material de primeira necesidade para o ámbito educativo realizado en galego" e que se realiza por segundo ano. Nesta publicación (de balde) pódense atopar, ademais dos contidos propios e xerais da calquera axenda como follas trimestrais, mensuais e semanais outros contidos menos habituais que responden ás necesidades propias do contexto académico como organizadores de aula, fichas de rexistro de alumnado, fichas de rexistro de titorías e un apartado para avaliacións, entre outros moitos.

A publicación inclúe  ademais un contido cultural transversal ao longo da parte de calendario. Nesta ocasión a temática elixida son Os camiños de Santiago, aos que van dedicando os diferentes meses con ilustracións orixinais de Montse Arza e Nerea Caseiro.

Temas: ENSINO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta