Detido un home de 43 anos por cultivar marihuana 'enganchado' á rede eléctrica

O home, veciño dos Blancos, foi sorprendido con máis de 100 plantas nunha plantación interior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2021 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

O equipo Roca da Garda Civil de Celanova detivo a un veciño dos Blancos de 43 anos de idade como presunto autor dos delitos de tráfico de drogas e defraudación de fluído eléctrico. Así o informou o Instituto Armado, que indicou que se lle imputa cultivo de marihuana nunha vivenda que tiña alugada en Buxán, en Bande, na que foron aprehendidas 118 plantas de marihuana en plantación indoor, así como material para cultivo e tratamento das plantas.

O detido tiña a luz conectada directamente á rede eléctrica puenteando o contador, destacaron as mesmas fontes da Benemérita. As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Bande.

Plantación de marihuana intervida nos Blancos (Ourense).. GARDA CIVIL
Plantación de marihuana intervida nos Blancos (Ourense).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta