Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 20/09/2021 | Actualizada ás 14:47
Dous pasaxeiros do 'Marealla Explorer', un dos dous cruceiros que fixeron escala este luns no porto da Coruña, deron positivo polo que tanto eles como os seus acompañantes realizarán unha corentena na cidade.
Así o informa a Autoridade Portuaria no día en que o porto recibiu a dobre escala do 'Mein Schiff 3' e do 'Marella Explorer', que suman preto de 1.500 pasaxeiros e 1.400 tripulantes. Os buques atracaron á primeira hora da mañá en dous peiraos distintos.
O 'Mein Schiff 3' chegou a Transatlánticos con 813 cruceristas e 719 tripulantes a bordo, procedente de Southampton, e ten prevista o seu partida rumbo a Lisboa ás 18,00 horas.
Percorrido inverso realiza o 'Marella Explorer', que chegou procedente de Lisboa con 631 pasaxeiros e 681 tripulantes e partirá tamén ao seis da tarde a Southampton. "Dentro dos estritos controis habituais que se fan en todas as escalas, foron detectados dous positivos en covid entre os pasaxeiros", explica o organismo portuario.
A situación púxose en coñecemento das autoridades sanitarias "e, tal como prevé o protocolo, as dúas persoas con resultado positivo e os seus acompañantes quedarán na Coruña para realizar a preceptiva corentena e o seguimento médico" explica.
O resto da pasaxe, todos vacinados e con proba negativa, puideron realizar as visitas e excursións habituais, unha vez que o buque recibiu a resolución neste sentido da autoridade sanitaria.
Durante toda a xornada mantívose contacto e coordinación entre a Autoridade Portuaria, a consignataria Rubine e as autoridades sanitarias para desenvolver as accións necesarias seguindo as directrices establecidas.
En todas as travesías dos cruceiros, realízanse test de covid tanto ao embarcar como durante a ruta e controis de temperatura cada vez que embarcan ou desembarcan pasaxeiros e tripulantes, explica o organismo portuario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.