Por E.P. | A Coruña | 20/09/2021 | Actualizada ás 18:24
A Marea Atlántica denunciou un incremento dos contratos menores por parte do goberno local. Nun comunicado, afirma que "entre abril e xuño, se asinaron 640 contratos deste tipo, sen concurso público, por un importe total de 1,78 millóns".
"Isto é un incremento do 168% en tan só tres meses", afirma, remitíndose a "datos oficiais" do Concello. "Cifras esaxeradas para un mecanismo de contratacón opaco que a Unión Europea recomenda reducir", explica o viceportavoz da formación, Iago Martínez.
"A este ritmo, o goberno municipal baterá a marca histórica de fondos para contratos a dedo en María Pita", argumenta a Marea Atlántica.
Ademais, engade que o ano pasado foron "máis de 2.700 contratos deste tipo e 10,4 millóns, un 69,5% máis que no anterior". Tamén reclama por parte do goberno local un informe de transparencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.