O tabaco de contrabando 'feito na casa' regresa a Galicia

Unha familia da Coruña recoñece ter creado unha rede de distribución para vender tabaco elaborado por eles mesmos. Piden ata 5 anos de cárcere.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2021 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

Cinco persoas --tres mulleres e dous homes-- acusadas de crear unha empresa para elaborar e distribuír tabaco ilegalmente e sen tributar por iso declaráronse culpables, no xuízo celebrado este mércores na Audiencia Provincial da Coruña.

Segundo recolle o escrito da Fiscalía, a trama destapouse o 26 de outubro de 2015 cando a Garda Civil seguiu e interceptou unha furgoneta que ía descargar a un bazar chinés abandonado. Alí, os axentes atoparon no vehículo dúas caixas de 200 quilos, e no interior da nave outros 872 quilos. Ademais incautaron un computador portátil, unha picadora industrial de tabaco, 119 picadoras manuais e dúas básculas.

A empresa foi rexistrada para dedicarse á distribución comercial e en ningún momento había nada relativo á produción de tabaco. A administradora era unha das acusadas. Os outros catro procesados son o seu marido, as súas dúas fillas e un amigo da familia.

CINCO ANOS DE PRISIÓN

No seu escrito de cualificación, a Fiscalía pide para o cinco persoas procesadas cinco anos e cinco meses de prisión, así como unha multa de seis veces o valor de mercado do tabaco incautado. Con respecto á empresa, solicita unha multa tripla da mesma contía, a clausura dos locais e a prohibición de obter axudas públicas e beneficios fiscais.

A sustancia incautada pola Garda Civil tería un valor de mercado que superaría os 178.227,20 euros, mentres que a débeda tributaria pola devandita actividade ascendería a 48.443,78 euros.

Tabaco
Tabaco | Fonte: Scientificamerican.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta