As áreas sanitarias administran outras 5.300 doses da vacina contra a covid

Segue, ademais, a vacinación de reforzo en residencias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2021 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

As áreas sanitarias proseguen coa vacinación contra a Covid-19 coa administración de máis de 5.300 doses na xornada deste pasado mércores con autocitas, sen cita e administración de segundas doses, así como coa terceira de reforzo en residencias de maiores.

Deste xeito, Galicia prosegue coa vacinación contra a Covid-19 e 2.249.249 cidadáns contan con pauta completa, tras finalizar o proceso outras 110 persoas, polo que o 91,64 por cento da poboación diana --maiores de 12 anos-- está inmunizada e un 83,3% dos habitantes de. Galicia.

Segundo os datos actualizados este xoves no 'Cronómetro de vacinación', relativos á xornada de vacinación do mércores, recollidos por Europa Press, ata o momento administráronse 4.342.285 doses da vacina, tras ser postas 5.337 máis, o 99,77 por cento das 4.352.189 recibidas ata a data.

Por grupos de poboación, por vulnerabilidade, segundo a idade contan con pauta completa 2.044.701 persoas, así como 15.598 cidadáns de alto risco; 17.609 dependentes non institucionalizados; e 26.747 persoas institucionalizadas. Por probabilidade de exposición, teñen pauta completa 72.834 profesionais do ámbito sanitario e 27.251 do socio-sanitario; ademais de 44.102 traballadores esenciais.

Este xoves en áreas como a de Pontevedra-O Salnés están previstas 383 terceiras doses de vacinas a inocular en residencias socio sanitarias de varias localidades; mentres que na de Vigo os equipos achegaranse esta xornada a 16 centros residenciais para vacinar a 1.239 usuarios. E noutras como a área de Santiago e Barbanza, este xoves está prevista a administración dunhas 600 terceiras doses en residencias de maiores de varias localidades.

Unha sanitaria vacina unha rapaza adolescente coa primeira dose da vacina Moderna. Jorge Gil - Europa Press
Unha sanitaria vacina unha rapaza adolescente coa primeira dose da vacina Moderna. Jorge Gil - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta