A Xunta estuda crear un polígono agroforestal de 224 hectáreas na Arnoia

Estaría orientado a recuperar terreos en desuso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2021 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

A Xunta estuda a creación dun polígono agroforestal no municipio ourensán da Arnoia de 224 hectáreas repartidas en 6.700 parcelas en mans de 780 propietarios. A posibilidade de impulsar esta figura, contempalda na lei de recuperación de terra agraria aprobada este ano no Parlamento galego, foi abordada nun encontro celebrado este sábado.

Alí estivo o conselleiro do Medio Rural, José González, que explicou aos veciños en que consiste un polígono agroforestal, orientado a recuperar terreos en desuso, e cales serían os posibles destinos agrícolas e forestais que tería.

O conselleiro explicou que esta figura pode ser impulsada pola administración ou polos propios veciños, sempre que exista a conformidade dos propietaros de polo menos o 70% da superficie.

No caso da Arnoia, foron os propios veciños quen se interesaron por conformar o polígono, segundo explicou a Xunta.

O conselleiro de Sanidade, José González, nun encontro con veciños da Arnoia interesados en crear un polígono agroforestal. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, José González, nun encontro con veciños da Arnoia interesados en crear un polígono agroforestal. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta