A Xunta enviará ao Ministerio de Transportes informes que alertan de "subas excesivas" dos prezos na AP-9

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/10/2021 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou este luns que a Xunta fará "as xestións oportunas" para remitir ao Ministerio de Transportes informes que alertan sobre "subas excesivas" dos prezos na AP-9.

Coches nunha peaxe en autoestrada
Coches nunha peaxe en autoestrada | Fonte: Xunta de Galicia.

Así o sinalou tras ser preguntada polos medios sobre o informe da Comisión Galega da Competencia que sinalou como "excesivas" as subas do prezo da autoestrada. Vázquez expuxo que este texto demostra que "a compensación é denunciable ante a Unión Europea".

Nesa liña, a conselleira tamén lembrou outro informe do Consello Consultivo de Galicia que falaba do "enriquecemento inxusto" que se produciu respecto deste tema.

Así mesmo, cuestionada pola proposta do Goberno para que os cidadáns paguen unha cota anual polo uso das autoestradas, a representante da Xunta tachou esta idea de "globo sonda".

Vázquez considerou que "non se coñecen" os detalles desta proposición, e por iso non quixo facer valoracións ao non haber "unha proposta sería".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta