A DXT prevé 652.000 movementos en Galicia na ponte do Pilar, a primeira sen restricións de mobilidade pola Covid

Supón o 9% dos movementos previstos na rede viaria estatal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2021 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) prevé uns 652.000 desprazamentos con orixe ou destino Galicia na ponte do Pilar, o primeiro sen restricións de mobilidade no conxunto de España debido á pandemia pola Covid-19.

Segundo informou a Delegación do Goberno en Galicia, ademais dos 652.000 desprazamentos previstos con orixe ou destino a Comunidade galega de longa distancia, sumaranse os miles que se produzan no interior do territorio.

A DXT estima que as estradas do noroeste de España, onde se sitúa Galicia, rexistrarán un 9% dos 7.250.000 movementos previstos do 8 ao 12 de outubro na rede viaria estatal.

A Delegación do Goberno en Galicia subliña que se trata da "primeira gran operación especial" de Tráfico na que "xa non hai restricións á mobilidade" debido á pandemia pola Covid-19.

ESTRADAS CON MÁIS TRÁFICO

Esta operación especial de tráfico na rede viaria española comezará este venres día 8, ás 15,00 horas, e finalizará na noite do martes, 12 de outubro.

As estradas en territorio de Galicia nas que a DXT prevé maior intensidade de tráfico nesta operación son a AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e a N-550.

A AP-9 nunha imaxe de arquivo. AUDASA - Arquivo
A AP-9 nunha imaxe de arquivo. AUDASA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta