Un novo falecido eleva a 2.642 as vítimas da pandemia en Galicia

Trátase dun home de 86 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2021 | Actualizada ás 21:32

Comparte esta noticia



A Consellería de Sanidade informou dun novo falecido con covid-19 e que eleva a 2.642 o total de vítimas en Galicia desde o inicio da pandemia sanitaria.

En concreto, trátase dun home de 86 anos que se atopaba ingresado na residencia Sanitas da Coruña e que presentaba patoloxías previas.

Precisamente, a última vítima fora unha muller de 88 anos que fora diagnosticada coa covid-19 e usuaria da residencia Sanitas da Coruña.

Este caso rexistrouse o venres, aínda que as autoridades sanitarias comunicárono ao día seguinte.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando pacientes con covid-19 dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando pacientes con covid-19 dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta