A Valedora do Pobo asina un acordo contra a pobreza en Galicia

Farao coa Rede contra a pobreza e a exclusión social (EAPN-Galicia).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2021 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Con motivo do Día internacional contra a pobreza, que se conmemora este domingo 17 de outubro, a Valedora do Pobo asinará coa Rede contra a pobreza e a exclusión social (EAPN-Galicia) un acordo para desenvolver iniciativas de colaboración e intercambiar información para loitar contra as desigualdades.

A firma do acordo terá lugar este luns, ás 10,30, na sede da defensoría galega. Así, será rubricado o protocolo de colaboración entre a Valedora do Pobo e EAPN-Galicia no que o principal compromiso é "facilitar información" á Valedora das necesidades destas entidades e das persoas co fin de "facilitar o encontro de solucións ás persoas máis desfavorecidas".

No acto público, tamén se lerán as conclusións do Encontro de Participación e, especificamente, abordaranse as cuestións de vivenda, dada a preocupación enorme que hai en todas as entidades". Así, tras unha presentación da valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, seguiralle a presidenta de EAPN, Eloína Ingerto. A continuación leranse as conclusións do encontro, no que ademais de vivenda, abordouse a fenda dixital e a exclusión financeira. Tamén está previsto un encontro específico con persoas afectadas das entidades e técnicos con coñecemento dos temas. Este acto será de traballo interno, non aberto a medios.

A Valedora do Pobo, Dores Fernández Galiño, na súa comparecencia na Comisión de Peticións para presentar o informe de actividade do ano 2020
A Valedora do Pobo, Dores Fernández Galiño, na súa comparecencia na Comisión de Peticións para presentar o informe de actividade do ano 2020 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se queren falar de "fenda dixital e exclusión financeira" mellor que lle chamen polo nome: Estado de Indefensión Permanente https://i.gal/gam26 Para falar da POBREZA non é preciso facelo á porta pechada... Seguimos fomentando a Aporofobia Institucional ?