Narón estrea novo centro de radioloxía

Investíronse seis millóns de euros no novo centro de saúde, apuntan dende o Sergas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2021 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

O servizo de Radioloxía no novo centro de saúde de Narón comezará a funcionar este luns 18 de outubro, segundo informou o Sergas nun comunicado. Así, un técnico de Radioloxía estará operativo para realizar as probas durante as mañá de luns a venres, e en horario de 8,30 horas a 14,00 horas. O novo centro de saúde conta ademais cun espazo específico para Radioloxía no baixo, "que se configurou respondendo á demanda dos profesionais".

A partir de agora, sinalan, desde calquera centro da área Sanitaria de Ferrol, os profesionais poderán enviar as solicitudes de Radioloxía Simple programadas e as urxencias en horario de mañá indistintamente ao centro de saúde de Narón ou ao de Fontenla Maristany de Ferrol, "en función da maior proximidade dun ou doutro centro".

NOVO CENTRO DE SAÚDE EN NARÓN

O Sergas informou de que no novo centro de saúde de Narón investíronse case seis millóns de euros e incrementouse nun 60% a superficie con respecto ao centro de saúde anterior, o que permite ofrecer máis recursos.

Concretamente, 15 consultas de medicina xeral, 14 consultas de enfermaría, dúas consultas de farmacia, unha de odontoloxía, unha de hixienista dental, unha sala de docencia, unha sala de toma de mostras, dúas salas de técnicas e catro polivalentes. Ademais, a área pediátrica conta con catro consultas ordinarias e tres de enfermaría; a área da muller cunha consulta de matronas, unha sala de educación sanitaria e outra de programa da muller.

Por outra banda, a área de urxencias está integrada por tres consultas de medicina e tres de enfermaría, seis zonas de dormitorios e unha sala de reanimación. Conta tamén con áreas de Administración, Fisioterapia e Radioloxía.

HM A Esperanza incorpora un sistema de radioloxía dental en tres dimensións.. HM
HM A Esperanza incorpora un sistema de radioloxía dental en tres dimensións.. HM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta