Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2021 | Actualizada ás 10:31
Os nacementos descenderon un 12,21% no primeiro trimestre do ano en Galicia, ata 3.380, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).
É unha diminución catro veces superior á que rexistraron as defuncións na comunidade, que, con 8.937 mortes, anótanse unha baixada do 3,07%. Deste xeito, o saldo vexetativo (nacementos menos defuncións) é negativo en Galicia en 5.557 persoas no primeiro trimestre deste ano 2021.
Pola súa banda, os matrimonios incrementáronse un 11,58%, ata 1.108, deles 24 entre persoas do mesmo sexo, de acordo con esta estatística. En canto ao sexo, naceron 1.728 homes e 1.652 mulleres, mentres que as mortes correspondéronse con 4.591 homes e 4.346 mulleres.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.