A Coruña terá conexión aérea con París entre decembro e marzo

Vueling lanza esta conexión directa que "potenciará" Coruña como destino turístico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2021 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

A compañía Vueling conectará A Coruña con París entre os meses de decembro e marzo, segundo informou a alcaldesa, Inés Rey, ao termo da Xunta de Goberno. En decembro serán os días 18, 23, 27 e 30. Pola súa banda, en xaneiro estará dispoñible os días 3 e 5. As xornadas de febreiro serán o 19, 22 e 26, mentres que as de marzo centraranse no 1, 5 e 8 dese mes.

A alcaldesa apuntou que estas datas coinciden co período estival francés e que se trata de "potenciar" A Coruña como destino turístico, ademais de que que os coruñeses poidan ir visitar París. Supón tamén a primeira conexión internacional tras a pandemia. "É unha moi boa noticia", expuxo a rexedora, que insistiu en que o obxectivo é que A Coruña "volva despegar a nivel turístico e económico".

Aeroporto de Alvedro, A Coruña
Aeroporto de Alvedro, A Coruña | Fonte: Concello da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta