A Xunta solicita a concellos incluídos no Plan de Infraestruturas parcelas para novos centros de saúde

O Consello da Xunta de Galicia aprobou a semana pasada un Plan de Infraestruturas sanitarias de Atención Primaria que contempla a posta en marcha de 37 centros de saúde e a ampliación ou reforma doutros 14 xa existentes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2021 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia, a través de cartas remitidas polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xa solicitou aos concellos galegos previstos no Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria, as parcelas necesarias para construír os novos centros de saúde.

Así, enviáronse misivas aos rexedores dos 28 municipios galegos incluídos nas fases I e II do Plan, aprobado a semana pasada polo Consello de Goberno autonómico. Nas cartas solicítase a "rápida achega", por parte do concello, dunha parcela viable para "axilizar" o proceso administrativo de licitación de proxecto de obra e de posta en marcha do novo centro.

O conselleiro ofreceu aos responsables municipais a colaboración do persoal técnico dos servizos de obras do Sergas para "axudar" na localización do terreo apropiado, coa total disposición para visitar e avaliar aquelas que as localidades consideren, así como determinar se cumpren ou non coas necesidades requiridas desde o punto de vista técnico, "trámite xa iniciado por varios concellos".

O Consello da Xunta de Galicia aprobou a semana pasada un Plan de Infraestruturas sanitarias de Atención Primaria que contempla a posta en marcha de 37 centros de saúde e a ampliación ou reforma doutros 14 xa existentes.

As actuacións divídense en tres fases, das que a 0 contempla proxectos coa tramitación administrativa xa iniciada, previa firma dos oportunos protocolos ou convenios co concello correspondente, "polo que xa teñen superada a fase de localización de terreos".

Así, os municipios con novos centros proxectados na fase 1 son Noia, Ribeira, Porto do Son, Pantón, Lugo, Ribadeo, O Carballiño, Boborás, Muíños, Caldas de Reis, O Grove, Poio, Cangas do Morrazo e A Guarda; mentres que na fase 2 figuran novos centros para Fisterra, Malpica, Ferrol, Fene, Teo, Becerreá, Guntín, Allariz, Montederramo, Ourense, Barro, Meis, Ponteareas e Mos.

Centro de Saúde de Ponteareas - cedida
Centro de Saúde de Ponteareas - cedida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta