O Goberno central selecciona 14 proxectos innovadores de produción de enerxía térmica en Galicia

Propón unha axuda de 6,8 millóns, máis da metade do que repartirá.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/11/2021 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O Goberno central seleccionou de forma provisional 14 proxectos innovadores de produción de enerxía térmica en Galicia cunha proposta de axuda de 6,8 millóns. Estes proxectos atópanse entre os 62 elixidos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) de enerxías renovables para a produción de enerxía térmica e xeración de eléctrica en sectores produtivos de Galicia, Cataluña e Aragón, que recibirán axudas por valor de 11,5 millóns de euros.

Pellets de biomasa ardendo
Pellets de biomasa ardendo | Fonte: GC

De momento trátanse de resolucións provisionais do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE), relativas ás 'Liñas de axudas ao investimento renovables Térmicas e eléctricas' cofinanciadas con Fondos da Unión Europea e enmarcadas no Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Entre as actuacións subvencionadas provisionalmente en Galicia, destaca o uso da xeotermia para satisfacer as demandas térmicas de edificios destinados ao sector servizos e o industrial, cunha potencia conxunta de 1,2 MW e unha axuda de 1,2 millóns.

Entre eles, unha adega de Leiro (Ourense) propón a instalación dun sistema xeotérmico para cubrir as demandas térmicas dos seus procesos, así como climatizar o seu complexo turístico.

Paralelamente, destacan outras tres actuacións que expoñen o uso da biomasa como combustible, tanto en caldeiras de aplicación industrial como para redes de calor, e que permitirán a subministración de auga quente sanitaria e calefacción a distintos edificios na cidade de Lugo.

Estes proxectos presentan unha potencia instalada de 23 MW e contan cunha axuda provisional de 3,16 millóns.

Do resto de actuacións destacan os 1,4 millóns destinados a unha planta de produción de biogás para satisfacer a demanda térmica dos procesos nunha industria de elaboración de produtos cárnicos en Pontevedra e os 850.000 euros dirixidos a unha planta de depuración de biogás para aproveitamento enerxético, en Lugo.

En total, os proxectos situados en Galicia suporán un investimento total de 12 millóns e unha potencia total de 27,9 MW.

En materia de xeración de enerxía eléctrica son 30 os proxectos elixidos provisionalmente en Cataluña por valor de 1,6 millóns e 18 en Aragón, cunha subvención de 3,2 millóns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta