Por Galicia Confidencial | Lugo | 12/03/2014 | Actualizada ás 08:20
As declaracións do ex alcalde de Santiago Gerardo Conde Roa, do que fose concelleiro desta cidade Albino Vázquez Aldrey, da portavoz do PP de Galicia Paula Prado e do investigado por tráfico de arte, Leonard Patterson, no marco da Operación Pokemon seguirán sendo segredas.
Así o decidiu a xuíza Pilar de Lara, que instrúe este caso, que manterá o segredo parcial desta parte do sumanrio un mes máis. En total son 78 tomos desta causa composta por un total de 122.
A xuíza entende que é necesario continuar practicando dilixencias cuxo coñecemento polas partes podería "frustrar" o éxito desta investigación que pretende desmontar unha presunta trama corrupta para a adxudicación de contratos desde a administración local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.