O pleno do Parlamento para a semana que vén abordará a loita contra a violencia machista e o sector lácteo

Ademais, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, preguntará ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, polas "mobilizacións" sociais --a sanitaria e as industriais--, mentres que o socialista Gonzalo Caballero abordará unha eventual reforma do Estatuto galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2021 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

O pleno da Cámara galega pivotará ao redor da loita contra a violencia machista, coa aprobación dunha proposición de lei e varias iniciativas, e a crise do sector lácteo, como un das industrias máis afectadas en Galicia na actualidade. Ademais, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, preguntará ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, polas "mobilizacións" sociais --a sanitaria e as industriais--, mentres que o socialista Gonzalo Caballero abordará unha eventual reforma do Estatuto galego.

Coincidindo coa semana da efeméride do 25-N, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o pleno acollerá a aprobación final da proposición de lei que recoñece a violencia dixital como nova forma de violencia de xénero, unha iniciativa impulsada pola deputada popular Paula Prado.

Mentres, o BNG defenderá unha iniciativa con tres medidas: ampliar e reformar a rede dos centros integrados (CIM) --actualmente hai 83 que cobren a 182 concellos dos 313 que hai en Galicia--, formación do persoal do esrgas e recuperación da presencialidade, e a avaliación do protocolo de coordinación interinstitucional incluído no acordo parlamentario--.

A viceportavoz do BNG na Cámara, Olalla Rodil, remarcou que as institucións "deben asumir un papel máis proactivo na detección e intervención fronte á violencia machista". "Non podemos esperar a que as mulleres decidan dar o paso de presentar denuncia, porque non é preciso para garntizar a súa protección, en Galicia, desde 2007, a condición de vítima non require de denuncia nin policial nin xudicial", sinalou.

Pola súa banda, o seu homólogo no Grupo do PSdeG, Pablo Arangüena, avanzou que a súa formación defenderá unha proposición non de lei sobre as medidas que debe adoptar a Xunta para evitar calquera tipo de violencia machista e reclamará o compromiso coa abolición da prostitución.

SECTOR LÁCTEO

Outra das cuestións que centrará o pleno é o sector lácteo e os custos de produción. A cargo do PPdeG, pedirase o cumprimento da Lei de cadea alimentaria para que os prezos de venda cubran os custos de produción, a promoción do consumo de produtos galegos, o incremento da base territorial ou a constitución do Observatorio Lácteo Galego.

O BNG tamén levará iniciativas para que se convoque a mesa do leite, máis alá de que o conselleiro de Medio Rural "sexa un simple comenarista da realidade" ou que "se dedique a mandarlle cartas ao BNG para peir que faga o seu traballo".

Os socialistas tamén introduciron unha interpelación sobre a carne de vacún, un sector "ameazado polos custos de produción" que lles obrigan a vender a perdas. Previamente o luns terá lugar o pleno do debate do proxecto de orzamentos para 2022, xunto co debate de totalidade do proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas.

Sesión de control no Parlamento de Galicia, no momento no que intervén o portavoz socialista, Gonzalo Caballero, tres días antes das primarias socialistas para renovar a secretaría xeral do partido en Galicia
Sesión de control no Parlamento de Galicia, no momento no que intervén o portavoz socialista, Gonzalo Caballero, tres días antes das primarias socialistas para renovar a secretaría xeral do partido en Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta