Xurde con forza unha Resistencia armada en Galicia

Galicia Confidencial adiantaba hai algunhas semanas as conexións entre o artefato explosivo de Nigrán e o independentismo galego. Os feitos dos últimos días, tanto en Cangas coma en Lugo, parecen reforzar as primeiras investigacións policiais...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/05/2007 | Actualizada ás 00:35

Comparte esta noticia

Os corpos policiais teñen datos da vinculación deste grupo cos movimientos independentistas bascos e apuntan que o xeito de preparar os artefactos explosivos ten similitudes con outros de Euskadi, Cataluña e movementos anarquistas. Tamén están convencidos de que utilizan a Portugal como base de operacións, país no que prepararían as súas accións e no que se refuxarían unha vez cometidas as accions. De feito, tanto a Garda Civil como a Guarda Nacional Republicana veñen colaborando dende a aparición de varios explosivos en Portugal.

Esta colaboración e algunhas pistas recollidas en Cangas poderían encamiñar á Garda Civil a posibles intervencións en breve. Podes consultar varias informacións publicadas por GC sobre Resistencia Galega e sobre o novo xiro das accións independentistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

31 xxx directory

xxx directory...

Galicia Confidencial » Blog Archive » Xurde con forza unha...

30 Oscar

A aparición dunha banda terrorista galeguista é o mellor agasallo electoral para o PP. Sres. da Resistencia Galega, facede o favor de desparecer, en serio. E non volo di un PPero, senón un galeguista.

29 Non é por nada....

O máis triste ke esta xente non fan ningún favor a xente de Cangas...

Nós queremos vivir sen bombas. Queremos cambiar o mundo, todos, dalgún xeito, pero non así joder, ke a dereita é mellor ke diga barbaridades inventadas, ke se lle den motivos con....

De tódolos xeitos, non creo ke sexan moi patriotas, nin nacionalistas, nin hostias, o ke son un pouco flipaos...igual ke os de ETA ke conste, ke non ker dicir, ke a Lei de Partidos sexa moi democrática, pero iso xa é outra cousa...

Falar dende a ignorancia é moi fácil. e non quero dicir ke sexa ignorante, pasa ke semella ke non coñeces o ke pasa en Cangas Jesús, La gaita, porque eu sei ke moita xente...e xa sabedes ke o ke vota xente tampouco se corresponde co ke pensa o partido 100%. Así tede coidado os do PP de pensar demasiado por "España", "a xente de ben" e esas cousas...e non vos eskezades de darlle servizos, traballo, inda que sexa co voso modelo (ke non me mola un carallo, pero isa é outra historia...), porque a xente eskezeranvos do mesmo xeito...ou ke pensas, a menos ke estedes a coaccionar a xente alí onde gobernedes, o ke non kero pensar...porke senón estaríamos incurrindo nuna práctica darwinista social: todo vale, ken se asusta, ken gaña, ke perde, ken todo vale, o rollo é tirar padiante co noso, polo tanto: totalitario.

Se non fai falla ser comunista para coñecer totalitarismos home, só keremos vivir ben, ke nos deixen en paz con jilipolleces de altura... como sacarlle a lingua insinuando una felación como fixo Gómez Millán no último pleno. O xesto ía dirixido as mulleres e homes da oposición. ¿Queda bonito? En política os cidadáns piden coherencia. Fraga impúxona, outros: BNG, ACE, PSOE...tentan gañala observando os cidadáns. Non é fácil, pero intentano...

o 27 de maio todos a votar.

28 anxo

¿reistencia armada? E increible esa denominación, ¿será fascismo a pequena escala? E fascismo.
Os nacionalismos xurdiron da extrema dereita ¿serán fascistas de extrema dereita ou eses xa non existen e agora só son fascistas de extrema esquerda?¿Defender a un fascista fai a un un pouco fascista ¿COMO ALGUÉN PODE DEFENDER A ESTES DESCEREBRADOS?

27 Libertario

Eses da Resistencia Galega, só cabe que sexan 2 cousas: a) uns tolos ou parvos narcisistas b) unha montaxe dos servizos de inteligencia españois con uns tolos ou parvos narcisistas
Todo esto é para tentar trabar o ascenso da conciencia nacional galega. Levan séculos con unha política xenocida sobre nós, séculos que somos obrigados a emigrar; ainda hoxe emigramos en miles, é unha toma de conciencia como pobo e como nazón lle teñen medo pois reconstruiriamos-nos ceibos de toda amarralla.