Galicia contará cun coordinador encargado das axudas para o peche das térmicas

A posta en marcha desta figura, vinculada ao Instituto para a Transición Xusta, está prevista para comezos do próximo ano, segundo avanzou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, este venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2021 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

O Goberno central creará a figura dun coordinador encargado en Galicia de canalizar e "asesorar" en materia dos investimentos e actuacións ao amparo das axudas para a transición enerxética vinculadas ao peche das centrais térmicas.

A posta en marcha desta figura, vinculada ao Instituto para a Transición Xusta, está prevista para comezos do próximo ano, segundo avanzou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, este venres.

Fíxoo tras concluír o encontro mantido en Ferrol cos alcaldes das localidades afectadas polo peche de térmicas --Valentín González Formoso , Juan Manuel Rodríguez e Ángel Mato-- e con representantes dos sindicatos CIG, Comisións e UGT.

Ao termo da reunión, Miñones ofreceu unha rolda de prensa na que sinalou a existencia de dúas liñas de axudas para as zonas afectadas polo peche das centrais térmicas, a de Meirama en Cerceda e a das Pontes.

Así, detallou que hai unha primeira liña, cuxo prazo de alegacións conclúe este venres e que está dotada con 91 millóns de euros, orientada a financiar infraestruturas e proxectos innovadores. A segunda liña conta con 9 millóns de euros "para unha asistencia técnica para poder colaborar" cos concellos afectados polo peche de térmicas.

En Galicia, segundo concretou Miñones, haberá convenios cos coruñeses da Capela, San Sadurniño, As Somozas, Mañón, Monfero, Moeche, Cerdido, Cabanas, Ortigueira e Ferrol, así como os lucenses de Muras, Vilalba, e Xermade; todos eles afectados o peche das Pontes.

No caso da térmica de Meirama beneficiaranse Cerceda, Ordes, Carral, Tordoia e A Laracha, municipios da provincia da Coruña. Ademais, Miñones detallou que tamén haberá axudas vía Presupostos Xerais do Estado (PGE) de 2022, aínda que non cuantificou a canto ascenderán e como se articularán.

"Nesa primeira liña fálase de 30 millóns de euros e que van existir diferentes liñas", manifestou o delegado do Goberno, que apuntou á posta en marcha dun plan de formación para as zonas afectadas" e a transferencia doutros 20 millóns de euros ás comunidades autónomas para esta materia.

"A formación constará de dúas etapas e terá elementos como cursos de transición enerxética ou emprego verde, todo vinculado á aposta por manter a poboación nos concellos afectados", sinalou. Por último, Miñones asegurou que desde a Unión Europea chegarán a Galicia "unha asignación de 111 millóns de euros" para afrontar os retos socioeconómicos vinculados á transición cara á neutralidade climática"

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, fai  balance do PGE para Galicia en 2022. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, fai balance do PGE para Galicia en 2022. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta