Pontevedra, capital dos gamers en decembro

A primeira edición do PING terá lugar o 2,3 e 4 de decembro.

Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 21/11/2021 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Será os días 2, 3 e 4 de decembro e haberá charlas, torneos e emisións vía streaming. Actividades orientadas aos máis pequenos, con obradoiros; aos mozos e mozas; con streamers e torneos;  e á xente adulta, con exposicións, conferencias ou competicións. A primeira edición do PING (PontevedraInGames) chega en menos de un mes á cidade e, impulsado pola produtora 'Vamos a Primera' e patocinado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, aspira a converter a Pontevedra en "capital autonómica dos videoxogos".

Presentación do PontevedrInGames
Presentación do PontevedrInGames | Fonte: remitida

O programa porase en marcha o xoves 2 de decembro a partir das 19:00 horas cun acto de apertura e presentación que terá música en directo da man do grupo Son do Gaming, que tocará temas históricos dos videoxogos, e unha exhibición de clubs Pro Fifa 22 na que Onente, un dos mellores equipos de Fifa de Europa, se enfrontará á Selección Galega (nunha sesión inaugural que se desenvolverá ata as 21:30 horas).

A cita continuará durante toda a xornada do venres 3 de decembro, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas, cunha oferta que abrangue o obradoiro ‘Bluescola’, con Polygonestudios; as conferencias ‘Tu idea + Comtecart=Proxecto’ e ‘Creando Videoxogos Educativos’, da man de Beatriz Legerén (da Universidade de Vigo) e Miguel Areán; torneos de Mario Kart, Age of Empires II e Rocket League, e o programa en directo ‘Gaming Show Streaming Finais Torneos’.

A xornada de clausura do sábado 4 de decembro, que terá o mesmo horario que a do venres, abrirase con tres conferencias: ‘Devuego, unha plataforma de apoio aos videoxogos españois’, protagonizada por Yova Turnes; ‘A Localización de Videoxogos: do texto á pantalla’, a cargo de Ramón Méndez, e ‘O Videoxogo como elemento cultural’, con Carlos Pereiro, Galo e Jacobo Martínez. Entre os eventos destacados do día figuran un directo da streamer galega Spirit e outro titulado ‘O coleccionismo geek: o Mario da 64 xa vale máis que un bitcoin’, con Rubén Vázquez e Martín Losada; torneos de Smash Bros e Fifa 21, e o programa ao vivo ‘Gaming Show Streaming + Recuncho Gamer’.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta