O roubo de cableado eléctrico, un delito en aumento

Detido en Ferrol tras ser sorprendido mentres tentaba substraer cableado eléctrico.

Por Europa Press / Redacción | Cobas (Ferrol) | 22/11/2021 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

O roubo de cableado eléctrico está aumentando nos últimos tempos e estase convertendo nun problema, xa non para as empresas eléctricas, senón para os usuarios. Os ladróns buscan facerse co cobre, un material que, coa actual crise enerxética, aumentou moito o seu valor.

Cables de electricidade nun poste de luz.. EUROPA PRESS - Arquivo
Cables de electricidade nun poste de luz.. EUROPA PRESS - Arquivo

De feito, un home de 36 anos natural de Narón , M.R.D.P., foi detido tras ser sorprendido mentres tentaba subtraer cableado eléctrico na zona de San Xoán, en Ferrol.

Fontes municipais detallaron que os feitos tiveron lugar pouco antes das 20,00 horas deste sábado, cando axentes da Policía Local que realizaban labores de vixilancia na rúa Campo de Chao descubriron a un home agachado nas inmediacións dun colexio que manipulaba o interior dun rexistro de iluminación pública.

Deste xeito, os policías aproximáronse ao home e sorprendérono mentres trataba de cortar os cables cunhas tenazas. Ademais, a tapa metálica da caixa fora arrincada e xunto a ela atopábase unha panca coa que se poderían forzar os puntos de soldadura que a mantiñan pechada.

Así, os funcionarios entrevistáronse con este home, que nun primeiro lugar permaneceu impasible, pero posteriormente recoñeceu que tratara de subtraer os cables para vender o cobre. Finalmente, os axentes detiveron a este home e procederon ao seu traslado a dependencias policiais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta