A Xunta adapta os medios de valoración de inmobles tras a recente normativa estatal

O proxecto de orde que a Consellería de Facenda e Administración Pública acaba de someter a exposición pública concreta os medios de comprobación para fixar o valor de mercado que haberá que empregar en ausencia do valor de referencia fixado polo Catastro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2021 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

A Xunta vai adaptar os medios de comprobación de bens inmobles á Lei 11/2021, de 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal, aprobada recentemente polo Goberno central e que resulta de aplicación a todas as comunidades autónomas.

Ata o momento, a efectos de liquidación do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP-AJD) e do Imposto de Sucesións e Doazóns, a lexislación estatal esixía que se tomase o 'valor real' do ben como base impoñible para aplicar o tributo correspondente. A Lei 11/2021 modificou a base impoñible deses impostos, substituíndo o concepto de valor 'real' polo 'de valor', un concepto que agora se equipara ao valor de mercado.

Así, cando se trata de bens inmobles este valor pasa a ser establecido con carácter xeral polo Ministerio de Facenda e Función Pública, a través do valor de referencia que fixa a Dirección Xeral do Catastro; e só cando se trate dun inmoble ao que a Administración Xeral do Estado aínda non lle asignou un valor de referencia acudirase ao valor de mercado, agás que o valor declarado polos interesados sexa maior.

O proxecto de orde que a Consellería de Facenda e Administración Pública acaba de someter a exposición pública concreta os medios de comprobación para fixar o valor de mercado que haberá que empregar en ausencia do valor de referencia fixado polo Catastro.

Neste sentido, elimínase o sistema de coeficientes sobre valor catastral e o sistema de prezos medios de mercado e óptase polo sistema de ditame pericial --una das fórmulas previstas pola normativa estatal-- e fanse públicos os criterios de valoración. O sistema de valores establecido pola Lei 11/2021 de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal afectará aos devengos posteriores a 1 de xaneiro de 2022.

Feijóo preside o Consello da Xunta.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Feijóo preside o Consello da Xunta.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Ademais, os valores de referencia individualizados estarán dispoñibles na sede electrónica do Catastro a partir desa data, unha vez tramitado o procedemento para a súa determinación, de acordo co previsto na disposición final terceira do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario. Na devandita sede, os titulares catastrais tamén poderán coñecer os elementos que se aplicaron na determinación individualizada do valor de referencia dos seus inmobles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta