Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2021 | Actualizada ás 13:13
A provincia da Coruña contará cun centro de crise 24 horas para vítimas de violencia machista, segundo expuxo a subdelegada do Goberno, María Rivas, que presidiu a Comisión Provincial para a Coordinación en Materia de Violencia de Xénero, integrada por diversos organismos da Administración do Estado
Nela, analizáronse algúns dos datos relativos á loita contra a violencia machista "e profundouse na adecuada coordinación entre os diferentes estamentos implicados no desenvolvemento das políticas de igualdade".
María Rivas trasladou tamén aos integrantes da comisión a decisión do goberno central sobre a construción na provincia da Coruña dun centro de crise 24 horas para vítimas de violencias machistas, cuxa entrada en funcionamento está prevista para 2023.
VÍTIMAS
En canto á violencia machista na provincia, a Subdelegación lembra que, de acordo cos datos do Consello do Poder Xudicial (CGPJ) nos seis primeiros meses deste ano houbo na provincia da Coruña 1.296 denuncias das 3.083 rexistradas en toda Galicia.
O número de chamadas ao 016 mantén o alto nivel xa existente o pasado ano como consecuencia do confinamento, xa que en 2020 houbo un total de 1.441 e nos nove primeiros meses de 2021 foron xa 1.273 as chamadas recibidas.
Na actualidade hai na provincia da Coruña un total de 1.847 casos activos de violencia de xénero, o que supón un incremento de 153 respecto ao pasado ano, o que representa un nove por cento máis.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.