As webs .gal volven estar de rebaixa este mes de decembro, pero por pouco tempo

O prezo máximo dos dominio acadará os 10€ máis IVE.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Facer unha páxina web 100% galega será máis barato este Nadal. Cando menos da banda do dominio, xa que a entidade PuntoGal vén de anunciar unha rebaixa na concesión destes espazos con motivo das festas do solsticio. Dende a compañía apuntan que nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes desde o día 1 e ata o 15 de decembro.

Estudante cun teléfono móbil e un ordenador
Estudante cun teléfono móbil e un ordenador | Fonte: Santi Alvite

A rebaixa vén promocionada cunha campaña que tira tamén do folclore galego, sendo o Apalpador a súa figura central que xa en festas pasadas comezaron a recuperar entidades sociais, políticas e tamén do eido empresarial; un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos ás nenas e nenos, entra de noite nos seus cuartos cando están a durmir e apálpalles a barriguiña por ver se xantaron abondo. Finalmente déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.

Dende a entidade destacan que para poder aproveitar a promoción de desconto nos prezos do .gal "que trae o Apalpador" é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Blacknight, Dinahosting, INWX, CDMon, Openprovider, Arsys, Radia e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades. A día de hoxe, cifran, hai máis de 6.000 páxinas con dominio .gal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta