A Xunta inicia a tramitación do Plan Reitor do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

"O obxectivo é conservar a diversidade xeolóxica e biolóxica nos seus diferentes compoñentes e nas paisaxes", detalla.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/12/2021 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A Xunta iniciou a tramitación do Plan Reitor do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, "a folla de ruta coa que compatibilizar os usos e a conservación do parque durante a próxima década".

Muiños, Zona Especial de Protección de Aves (ZEPA) en Muiños, na Baixa Limia - Serra do Xurés
Muiños, Zona Especial de Protección de Aves (ZEPA) en Muiños, na Baixa Limia - Serra do Xurés | Fonte: Xunta.

O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores o anuncio polo que se pon a información pública, tras o acordo da Xunta Reitora do parque do pasado 25 de novembro.

Segundo explica a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o Goberno galego iniciou un proceso de actualización dos instrumentos de xestión dos parques de Galicia, polo que no de Xurés --actualmente regulado por un Plan de ordenación dos recusos naturais-- "é necesario actualizalo".

"O obxectivo é conservar a diversidade xeolóxica e biolóxica nos seus diferentes compoñentes --hábitats e especies-- e nas paisaxes e os seus compoñentes que contribúan á conservación da diversidade biolóxica, asegurando o mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais da dinámica deste espazo", explican.

O plan reitor consta tamén dun plan de actuación, organizado en catro programas, "para coñecer, manter e mellorar os valores naturais e os compoñentes ecolóxicos valiosos do parque".

En función dos obxectivos, establécese un programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural; un programa de investigación, seguimento e avaliación; un programa de xestión do uso público e un cuarto de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos.

Tamén está previsto un plan de emerxencia --o primeiro que se elabora para este parque-- para optimizar a utilidade dos recursos técnicos e humanos co obxectivo de controlar de forma rápida a evolución dunha eventual emerxencia e minimizar as consecuencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta