A Coruña iluminarase este sábado coas luces de Nadal

O acto comezará ás 19,00 horas e estará dedicados aos máis novos e maiores.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 03/12/2021 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña celebrará o aceso das luces de Nadal este sábado, no Obelisco. O acto, que estará presidido pola alcaldesa Inés Rey, comezará ás 19,00 horas e estará dedicado aos máis pequenos e maiores por ser colectivos que sufriron especialmente durante a pandemia, informa o consistorio.

Programación de Nadal
Programación de Nadal | Fonte: C0ncello da Coruña.

Este ano a iluminación de Nadal contará con 2.932.454 puntos de luz led. As luces están distribuídas por todos os barrios da cidade. Hai 550 arcos, 150 motivos en farois, 53 árbores iluminadas, 17 rúas con teitos de luz e seis 6 fachadas e elementos emblemáticos iluminados, entre outros.

Para o inicio do aceso, este sábado os nenos e nenas da cidade poderán acudir desde primeira hora da tarde ao Obelisco para depositar un debuxo nunhas urnas. Entre eles sortearase quen presiona o botón que acciona a iluminación.

O acto dará comezo ás 18,45 horas coa actuación do Mago Román no escenario do Obelisco. Ás 19,00 horas, o actor Suso Martínez exercerá de mestre de cerimonias e anunciará o peche das urnas. Despois, a alcaldesa tomará a palabra para desexar aos coruñeses unhas felices festas e elixirá ao azar o debuxo de dúas nenas ou nenos. Tamén participará un avó ou avoa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta