Jácome ameaza con chamar ao exército se se prolonga a folga do lixo en Ourense

Os traballadores da recollida comezarán este xoves un paro para o que o alcalde fixou uns servizos mínimos do 45%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2021 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, fixou os servizos mínimos ao 45% do persoal actual, ademais do 55% restante que non se sume á convocatoria, durante a folga de limpeza e recollida de lixos que se iniciará este xoves ante a falta de acordo coa empresa concesionaria Ecourense. O rexedor solicitou este mércores nun comunicado que se respecte o dereito ao traballo e asegurou estar a valorar pedir asistencia á empresa pública Tragsa.

Jácome manifestou tamén que "no caso de que a folga se prolongue, estando en pandemia e baixo riscos en materia de saúde, o Concello de Ourense solicitaría a intervención do exército, coa súa Unidade Militar de Emerxencias". Ademais, adiantou que á empresa concesionaria do servizo descontaránselle da factura todos os servizos que non sexa capaz de prestar á cidade durante a folga.

Tamén confirmou que seguen mantendo reunións con todas as partes implicadas e que non cederá a presións. Sobre a concesión do servizo, que caducará deica pouco, comentou que "calquera incremento hoxe podería hipotecar os orzamentos municipais, que deben renovar o seu contrato de limpeza en 2022".

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta