"Se usa gallego reintegracionista en un conservatorio", denuncia GB

A entidade que dirixe Gloria Lago fala dunha "lengua extraña" ou dun "sucedáneo del portugués". Di que se se usa galego, ten que ser o da RAG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/04/2014 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

A asociación Galicia Bilingüe (GB), presentou unha denuncia ante o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, a instancias, supostamente, dun grupo de pais de alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. O motivo é que neste espazo se usa "gallego reintegracionista".

Corina Porro e parte do seu equipo nunha manifestación de Galicia Bilingüe
Corina Porro e parte do seu equipo nunha manifestación de Galicia Bilingüe

GB tamén critica que durante as 'Xornadas de órgano Mariano Tafall' celebradas na catedral e que finalizaron o pasado mes de marzo, os asistentes recibiron un programa cos anagramas da Xunta e da Universidade de Santiago, entre outros, "pero escrito en una lengua extraña".

Así, esta entidade di que o equipo de Dinamización da Lingua Galega do mencionado centro, cuxa responsable é a profesora Isabel Rei, utiliza un "sucedáneo del portugués, unha variante llamada reintegracionista y lo hace tanto en la página web de su blog en el conservatorio, como en follestos impresos de conciertos y jornadas", denuncia nun comunicado.

Usa as redes sociais para criticar a Isabel Rei

De feito, a organización de Gloria Lago usa unha rede social para atacar a Isabel Rei e criticar que ela chama de "Dinamizaçao" ao "equipo de dinamización". "Además se jacta en las redes sociales de enviarle a la Xunta la documentación preceptiva para obtener ayuda económica adicional para su departamento, también reintegracionista", engade a nota.

Gloria Lago, de Galicia Bilingüe, saúda ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez
Gloria Lago, de Galicia Bilingüe, saúda ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez | Fonte: seioque.com

GC tamén utiliza o perfil das redes sociais de Isabel Rei para denunciar que critica á monarquía española, apoia aos independentistas galegos e "profiere frases vejatorias contra las fuerzas del orden y expresa su apoyo a los violentos". "Dice que ni la Xunta, ni María Santísima, pueden esigir en todo el reino borbónico español (sic) que se envíe la documentación en gallego normativo y anima a otros compañeros a secundarla", apunta.

"Defensa" da normativa galega

Galicia Bilingüe entende, pois, que "este tipo de profesores" poden resultar moi incómodos á Consellería de Educación á hora de facer cumprir as normas, pero lémbralle ao conselleiro na súa denuncia que a normativa da Real Academia Galega (RAG) é a recoñecida como lingua oficial en Galicia polo Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística.

"Si la Consellería exige el uso del gallego normativo de la RAG incluso a los alumnos de primaria y secundaria participantes en su concurso de tarjetas de Navidad, ya que se hace constar que no se aceptará ninguna que no vaya redactada en el gallego normativo de la RAG, con mayor razón ha de exigirse el uso del gallego normativo a un equipo de dinamización del gallego de un centro educativo", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 50 comentarios

24 GZemP

“A ignorância e a manipulação o binómio do espanholismo na Galiza” O espanholismo joga-se a vida em que os galegos não vejam que galego e português são a mesma língua. Como demonstra a imagem com estes dous titulares, aos que separa apenas um dia, não duvidam em manipular a informação estrategicamente. https://www.facebook.com/photo.php?...

23 Olga

Os lusistas son un coñazo, pero fronte a Gloria Lago eu faço-me reintegracionista já mesmo. Se o reintegracionismo se alinhar também com o galeguismo quando nos atacam os de sempre, alguns acreditariamos em que viajamos numa nave comum.

1 Terrestre

Obrigado pola solidariedade é claro que viajamos numa nave comum!

2 anonimo

¿comum? ¿mum? ¿co? ah sí comuma chota estás neno. ji ji ji

22 moi

Y si utilizas la variante gallega del castellano, ¿te podrán denunciar ante el ministerio? ¿Y la variante andaluza?

21 licor café espanhol

Ata as bolas dos inhorantes, imbéciles, escuros, distribuidores de metálico e falangistas, eso é o que son os vilingues. GaIiza ceive