O delegado do Goberno insta á Xunta a "colaborar" para desenvolver a lei de FP, pese ao voto en contra do PP

Miñones e Formoso poñen en valor o alto grao de emprego das FP.

Por E.P. | A CORUÑA | 21/12/2021 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, pediu á Xunta "colaboración" para o desenvolvemento da lei de Formación Profesional en Galicia, pese ao voto en contra do PP.

O posicionamento desta formación en relación a esta lei suscitou críticas tanto por parte de Miñones como do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na visita que ambos fixeron ao IES Rosalía Mera, centro de FP dependente da institución provincial e no que se forman máis de 300 alumnos e alumnas en once especialidades.

Miñones reivindicou os obxectivos desta lei "cos mozos, cunha educación de calidade e co emprego" e subliñou que Galicia recibirá 84 millóns para a Formación Profesional no marco dunhas transferencias estatais, que volveu cualificar de "históricas".

"A colaboración entre administracións é clave", sentenciou tamén na súa intervención tras a visita as instalacións do centro coruñés, na que incidiu nos investimentos que recibirá Galicia. Pola súa banda, Formoso subliñou que o 80% dos alumnos do IES Rosalía Mera logran a inserción laboral nun prazo de dous meses, á vez que o cualificou como un centro "pioneiro". Como Miñones, lamentou que a lei non contase co apoio do PP. "Ata Vox foi capaz de apoiala", asegurou aludindo ás "virtudes evidentes" da mesma.

Arquivo - O IES Rosalía Mera. DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Arquivo
Arquivo - O IES Rosalía Mera. DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta