Galicia rexistrou refachos de vento superiores a 100 km/h nalgúns puntos da costa

O refacho máis forte de vento foi captado polos medidores de Meteogalicia en Cedeira co 115 km/h rexistrados en Punta Candieira ás 16,30 horas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2021 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

Galicia viviu este luns outra xornada desapracible no arranque da última semana do ano, que deixou ventos de máis de 100 quilómetros por hora en varios puntos da comunidade.

O refacho máis forte de vento foi captada polos medidores de Meteogalicia en Cedeira co 115 km/h rexistrados en Punta Candieira ás 16,30 horas.

Os maiores refachos producíronse en estacións por baixo dos 800 metros de altitude. Así, despois de Cedeira, o 110 km/h da Pontenova ás 18,40 horas ou os 108 de Vimianzo ás 14,20 horas foron outros dos momentos de maior intensidade do vento durante este luns.

O temporal tamén se deixou sentir na costa, que continuará este martes en aviso por vento e ondada. Este luns, as boias de Portos do Estado captaron momentos nos que a ondada rozou os 5 metros en puntos próximos á costa da cidade da Coruña.

As precipitacións, xeneralizadas en toda a comunidade, foron menos copiosas que durante a xornada do domingo, cando se alcanzaron nalgúns puntos máis de 60 litros por metros cadrado.

Así, Pedrafita do Cebreiro, con 30 litros por metro cadrado, foi o punto máis chuvioso da comunidade durante este luns, que deixou niveis similares en Val do Dubra, onde se alcanzaron os 27.

Un grupo de persoas camiña polo paseo marítimo da Coruña mentres chove. M. Dylan - Europa Press
Un grupo de persoas camiña polo paseo marítimo da Coruña mentres chove. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta